Quenes somos

«Frionorostro» foi ideado e moldeado pola Asociación O Submarino. Estes son os seus membros e a súa historia.

submarino asociacion

O Submarino nace hai unhos anos dunha parella, coma todos acaban chegando ó mundo.

Inquedanza poñíalle gañas, pero Tempo non andaba moi pola labor, e con inquedanza e sen tempo, ían pasando os anos, ata que, coma acontece moitas veces, Tempo perdeuse nos bares.

Inquedanza acabou por acompañalo por aquelas tascas dunha localidade mariñeira, metida ó turismo (que é algo moi necesario…) O caso é que, compartindo  espazo Tempo e Inquedanza, sumáronse á pandilla algún que outro veciño desa localidade mariñeira… Miño.

A xente medraba arredor de Inquedanza e Tempo, falaban,  partillaban istorias e xeitos de ver a vida, porque viñan de moitos lugares da Galiza para acabar sendo veciños, tiñan moitas profesións distintas e había artistas, contacontos, xestores, animadores, hostaleiros, analistas e, ata din que algún trasno e alguha fada.

Puxeron os ollos nun bar, deses onde partillaban o tempo, que levaba anos pechado, e a Ilusión prestáballe o sitio; O Submarino.

Tanto é así, que acabaron por chamarlle así á pandilla, e coa axuda de todos, Inquedanza e Tempo, tivérono coma fillo, ainda que nunca chegaron a ese espazo… tivo que ser, coma son as cousas de hoxe, un fillo dos miolos de moita xente de aquí e dala, e que tentaron facerlle saber ó turismo e a Miño mesmo, que tiñan valor de seu, costumes, gañas de troula e de cultura, de partillar viño e mesa, de cantar, ou de ir ó teatro, ó cine, a concertos… e xa que non hai auditorio nesa vila mariñeira, nen pazos da cultura, cando queren e lles deixan, apodéranse das rúas, e comparten o que teñen…

Vémonos na rúa, nos bares, no vento mareiro, na choiva do verán e a de todo o ano.

Estades todos convidados a viaxar con nos…

Scroll al inicio